Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 Análise de casos reais 30
Proba obxectiva A8 Examen teórico práctico sobre a materia 70
 
Observacións avaliación

Ao longo de curso avaliaranse os coñecementos prácticos e teóricos do alumnado. Para iso establécese o seguinte sistema de avaliación.

As probas oficiais de maio/xuño e xullo terán un valor máximo de 7 puntos sobre 10 en ambos os dous casos. As probas oficiais realizaranse na data estipulada no calendario de exames aprobado por Xunta de Facultade. 

As distintas actividades que se realicen ao longo do curso (avaliación continua), antes das probas de maio/xuño e xullo, terán un valor de ata 3 puntos. A nota obtida na avaliación continua manterase para a 1ª e 2ª oportunidade, sen posibilidade de repetición. 

Superarase a materia en 1ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (avaliación continua) e a obtida na proba de maio/xuño se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10, e sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. 

De non superar a materia en 1ª oportunidade, a nota alcanzada nas actividades realizadas ao longo do curso resérvanse para a súa suma á nota que se obteña na proba de mes de xullo.  Superarase, polo tanto, a materia en 2ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (avaliación continua) e a obtida na proba de xullo se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10, e sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. 

Tanto as probas de maio/xuño e xullo coma as actividades que se realicen ao longo do curso (avaliación continua) poderán adoptar formas diversas, isto é, actividades tipo test, pregunta curta, pregunta longa, etc.

No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia a clase concedida pola comisión de docencia, a súa avaliación realizarase do mesmo xeito que o alumnado a tempo completo. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".