Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais como das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso do alumnado nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a quen presente maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a quen amose maior desenvoltura e desexe ampliar coñecementos.
A atención personalizada se realiza a través das seguintes canles:
- Correo-e: De uso para facer consultas de resposta curta ou solicitar encontros para resolver dúbidas.
- Teams: De uso nos horarios oficiais de titorías nos que se garante unha resposta inmediata.
- Campus virtual: Poñeránse a disposición do alumnado "foros temáticos" que resolvan dúbidas xerais ligadas a actividades específicas como as prácticas. |
|