Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A7 A8 A11 A12 A13 A16 A20 A25 A26 B2 B4 B6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 C12 C14 C15 Pódese expor unha proba obxectiva final para a comprobación de que se entenderon os contidos e adquirido as capacidades traballadas nesta materia. 30
Obradoiro A4 A7 A8 A11 A12 A13 A16 A20 A25 A26 B2 B4 B6 C1 C2 C3 C6 C7 C8 C12 C14 C15 Todas as prácticas e exercicios expostos para entregar, son tidos en conta para a avaliación da materia, ademais da asistencia a clase. 70
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación basearase nunha avaliación continua mediante o
seguimento dos traballos, prácticas e intervencións dos alumnos nas
clases, e a asistencia será tamén avaliable. Cada práctica proposta para
entregar terá unha puntuación concreta e avaliarase individualmente, de
forma que cada alumno irá sumando as notas de cada exercicio entregado
en tempo e forma.

Se se asistiu a clase, e a nota de todas as
valoracións das prácticas é superior ou igual á nota mínima esixida, a
materia considerarase aprobada. En caso contrario o alumno poderá volver
presentar os exercicios puntuables na seguinte convocatoria.

En casos excepcionais, poderá exporse unha proba de avaliación de coñecementos final.