Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A54 A56 A57 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 A avaliación será realizada a partir das prácticas entregadas polos alumnos e mediante un exame para valorar os coñecementos adquiridos nestas sesións prácticas. 40
Proba mixta A54 A56 A57 B1 B3 C3 C6 C8 Mediante unha proba escrita valorase o coñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso 40
Traballos tutelados A54 A56 A57 B3 C4 C6 C7 C8 Avaliarase a correcta realización por parte do alumno dos exercicios ou traballos propostos polo profesor. 20
 
Observacións avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as
notas obtidas na proba mixta, na parte de prácticas e na de traballos tutelados. Ademais, será preciso acadar un mínimo de 2 puntos sobre 10 na proba mixta final para poder superar a materia.

Na segunda oportunidade de Xullo, os estudantes poderanse avaliar soamente da proba mixta e da de prácticas, podendo optar o estudante por facer unha de estas partes ou as dúas. Os resultados acadados nas demais partes da materia serán aqueles que os estudantes obtiveron na primeira oportunidade de acordo coa avaliación continua descrita na guía.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e
4.5) (29/5/212).  Non será obrigatoria a asistencia ás prácticas da asignatura e os prazos de entrega serán tamén flexibles para axustarse ás necesidades do alumnado.

Detección de plaxios ou copia de traballos: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.