Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba única e individual que se fará ao final do cuadrimestre sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais.
Prácticas a través de TIC Os/As alumnos/as poñerán en práctica os contidos expostos nas sesións maxistrais para afianzar os coñecementos adquiridos mediante a realización dunha serie de actividades propostas polo profesorado nas sesións prácticas.
Proba obxectiva Probas individuais que se farán ao longo do curso sobre os contidos do temario tratados nas sesións prácticas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co soporte de medios audiovisuais sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos. O alumnado disporá do material de apoyo con anterioridade.