Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consisten na explicación da parte teórica da asignatura. Controlarase a asistencia.
Estudo de casos Estudo de políticas sociais específicas e análise da sua implementación. Realizarase un traballo de investigación en grupo (3/4 estudantes) no que cada equipo analice o modelo de prestación asistencial dun país que elixiron anteriormente. Nas sesións de clase dedicarase un tempo a progresar nestas investigacións, que se enriquecerán coas discusións e actividades realizadas na clase. Cada equipo presentará o seu traballo na clase ao final do curso. As directrices específicas daranse de xeito presencial e a través do Campus Virtual.
Obradoiro Trátase de sesións prácticas interactivas que apoien aos estudantes para a elaboración de informes analíticos, deseño e avaliación de políticas sociais concretas. Realizaranse actividades como debates, busca e análise de información, visualización e análise de documentais, entre outros.

Para estudantes en modo NON PRESENCIAL, abriranse foros para que poidan comentar os documentais propostos.