Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro B9 B21 B22 C1 Avalíase a participación activa de cada alumno na clase. Para iso, ao longo do curso cada alumno/a elabora unha das lecturas en pequenos grupos e expón na clase segundo un horario asignado. Ademais, o alumnado deberá participar activamente nos debates das lecturas, documentais e demais actividades propostas na aula. 10
Sesión maxistral A1 A2 A5 B3 B12 B20 B21 B22 C6 C5 De xeito individual, cada alumno/a redactará unha redacción dun máximo de 2.000 palabras na que relacionará os distintos aspectos do temario da materia. O achegamento á redacción é libre, pero se darán recomendacións na clase (tamén para estudantes NON PRESENCIAIS) sobre como orientala. As lecturas realizadas durante o curso, que se porán a disposición do alumnado a través de Moodle, serán as principais fontes bibliográficas. 40
Estudo de casos A3 A5 A8 B1 B2 B7 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 Realízase un traballo en grupo (3/4 estudantes) no que cada equipo analiza o modelo do benestar dun país que elixiron anteriormente. Nas sesións de clase dedicarase un tempo a progresar nestas tarefas, que se enriquecerán con debates e actividades realizadas na clase. Cada equipo presentará o seu traballo na clase ao final do curso. As directrices específicas daranse de xeito presencial e a través do Campus virtual. 50
 
Observacións avaliación
A segunda oportunidade en xullo a availación será:

- Sesión maxistral: realización da redacción individual dun máximo de 2.000 palabras: 50%
- Estudo de caso: 50% (non será necesario presentalo na clase e pódese facer individualmente)