General description |
A materia céntrase nunha crítica reflexiva á visión pretendidamente universal da familia tradicional nuclear, con especial énfase en teorías e autores que falan da interculturalidad, a diversidade e a diferenza á hora de comprender á familia como institución, grupo social e relacións de poder en torno ao parentesco e a filiación. Fai fincapé en aspectos etarios, de xénero e en torno á análise da sexualidade, expondo así mesmo correntes e problemas actuais para comprender o conflito xeracional e familiar nas sociedades tardomodernas. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. O docente impartirá a docencia en castelán, se ben o alumnado poderá expresarse tanto en galego como en castelán nas clases y na entrega de traballos, os cuais serán todos entregados en formato dixital. |