Temas Subtemas
Obxectivos do traballo de investigación (TFM) - Estudo de calquera ámbito das políticas sociais e a intervención social.
- Estará dirixido, preferentemente, á resolución dun problema real.
- Integrar os coñecementos adquiridos durante a etapa formativa.
- Emitir unha valoración propia e fundamentada sobre o tema central de estudo que reflexe as responsabilidades éticas e sociais implícitas.
Desenvolvemento do TFM
- A memoria debe realizarse aplicando o proceso de investigación científica e demostrar que se adquiriron as competencias do título.
- Desenvolvemento autónomo das habilidades críticas, analíticas e creativas do/a alumno/a
- Dúas opcións:
(i) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas en empresas ou institucións;
(ii) a realización dun proxecto de investigación orixinal partindo dunha idea propia ou a proposta do profesorado que dirixa o TFM.
- A memoria será realizada baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a.
Defensa do TFM - Capacidade para comunicar as súas ideas ante un público experto.
- A memoria de Fin de Mestrado será defendida polo/a alumno/a ante unha comisión de expertos/as