Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 A10 A11 A15 A16 A17 A21 A22 B19 B18 B17 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C3 C4 C5 C6 C7 Realización dun traballo de investigación, no que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do máster. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflicta os coñecementos adquiridos durante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar os devanditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico dentro das temáticas do mestrado.
80
Presentación oral B1 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B17 C6 Exposición obrigatoria do Traballo de Fin de Máster. Será realizada polos estudantes en sesión pública e antes unha comisión ou tribunal formada polo profesorado do Master e designada pola Coordinación dos TFMs. O calendario de defensas, a composición dos tribunais e a organización e estrutura do acto público será comunicado desde a coordinación, unha vez establecido. 20
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario:

1) ter superados o resto de créditos do máster (materias e período práctico)  

2) realizar a matrícula.

3) ter asignado un tema central ou título e un/a titor/a.

O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao. O calendario e procedemento é común para o alumnado presencial e online. O alumnado online, que non poida acudir presencialmente o acto de defensa, deberá contactar coa coordinación para a súa presentación a través de ferramentas virtuais.  

As recomendacións para a súa elaboración e defensa, serán publicadas pola coordinación dos TFMs, a través das vías institucionais: Moodle e correo electrónico da UDC.

Os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC