Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A6 A12 A35 B13 B17 B18 B21 C1 C7 Realización de varias probas obxectivas ao londo do cuatrimestre relacionadas co contido da material. Realizarase polo menos unha proba por cada tema. 60
Solución de problemas A4 A14 A18 A23 A32 B14 B16 B20 B24 B25 C1 C3 C7 Tarefas e exercicios propostos ao alumnado que serán realizados na aula ou a través do Campus Virtual dependendo das características de cada actividade (haberá que ralizar polo menos o 80% destas actividades). 40
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA. A nota final será o cómputo das probas obxectivas (60%) e de todas as tarefas entregadas (solución de problemas) polo alumnado ao longo do curso. 

  • Para poder seguir a avaliación continua haberá que realizar como mínimo o 80% das actividades propostas na aula e TODAS as probas obxectivas.
  • A cualificación final obterase promediando as cualificacións de cada unha das probas obxectivas (60%) e as tarefas realizadas (40%).
  • Hai que obter un 5 en cada parte para poder superar a materia. 
Probas obxectivas de carácter periódico:
  • Valoración da correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por cuestión teóricas, e/ou de resposta múltiple e exercicios breves. Estará permitido o uso da calculadora científica o estándar aportada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exmeplo, teléfonos móbiles, tablests, etc). 
  • Non se admitirá a participación na proba ás persoas que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da mesma. 
  • Estímase que se realizará polo menos unha proba obxectiva porcada tema explicado na aula, que se celebrará nunha data e hora anunciada en clase con suficiente antelación. 
Solución de problemas (tarefas, exercicios, actividades):
  • Realizaránse diferentes actividades ao longo do curso: test, debates, reflexións, comentarios, exercicios prácticos, charlas, etc. 
  • Algunhas tarefas realizaránse e entregaránse na aula e outras a través do Campus virtual. 
  • Algúns exercicios serán avaliados (haberá como mínimo unha práctica avaliable por cada tema) e outros serán realizados a modo de apoio para comprender mellor o temario e non serán avaliados. 
  • Todos os exercicios, avaliados ou non, contarán positivamente na nota final. 
A planificación exposta nesta guía docente supón a planificación dun SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA, polo que a cualificación final obterase promediando as cualificación das probas obxectivas periódicas e todas as tarefas realizadas durante o curso (teñan ou non nota numérica). 

No caso de que NON se realizaran todas as probas obxectivas periódicas, ou que NON se obteñan os mínimos requeridos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, os estudantes poderán presentarse a avaliación nunha PROBA ÚNICA en datas oficiais que abarcará toda a materia e suporá o 100% da cualificación. 

  • Dita proba obxectiva única consistira nun exame composto por un test, por cuestións teóricas e/ou exercicios breves, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar a portada por cada estudante (non está permitido o uso doutros sipositicos, por exemplo, teléfonos móbiles, tablets...). Recoméndase falar coa docente e ter algunha titoría para resolver dúbidas. 
  • Se un/ah alumno/a non se presentase a algunha das probas obxectivas periódicas realizadas no transcurso do cuatrimestre, tería como nota na avaliación continua un "non presentado" e terá que presentarse á proba única en datas oficiais que suporá o 100% da nota. 
  • A probla obxectiva única celebrarase na convocatoria de 1º oportunidade, 2º oportunidade ou convocatoria extraordinaria chegado o caso (nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de exames). 
  • Non se admitirá a participación na proba a persoas que non se atopen presentes no momento da comezar a realización da mesma. 
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
  • O ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISENCIA, terá que realizar unha única proba obxectiva sobre os contidos do material (dispoñible no Campus virtual) que computará o 100% da nota en datas oficiais de 1º e 2º oportunidade. Recoméndase avisar desta situación á docente e ter algunha titoría para resolver dúbidas. Dita proba obxectiva única consistira nun exame composto por un test, por cuestións teóricas e/ou exrcicios breves, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar a portada por cada estudante (non está permitido o uso doutros sipositicos, por exemplo, teléfonos móbiles, tablets...).
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidado así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.