Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A14 A16 A17 A34 B2 B5 B7 B13 B17 C1 C3 C6 No traballo tutelado valorarase a capacidade de xestión, procura e síntese da información, así como o uso de distitnas fontes de datos e a capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos.

90
Presentación oral B5 B13 C1 C3 C6 Ao longo do curso definirase o formato da presentación oral a avaliar, que poderá consistir na presentación en clase dunha parte ou de todo o tarballo tutelado ou no comentario razonado dalgún dos textos que se vaian manexar na aula.
En todo caso, esta presentación oral será de carácter voluntario.
10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia sustentarase na realización dun traballo de
carácter obrigatorio que se dividirá, polo menos, en dúas partes:

•Deseño e/ou selección razonada e xustificada da estrutura de datos para un posible traballo de investigación ou de fin de grao.

•Análise cuantitativa e analítica das bases de datos secundarios seleccionadas de cara á realización dun hipotético traballo de investigación ou de fin de grao.

Estableceranse, ao longo do cuatrimestre, as datas de entrega presenciais de cada unha das partes do traballo.
No caso de non acadar os 5 puntos na calificación final do traballo, ou non telo presentado durante o cuatrimestre, o alumnado poder entregalo nas datas oficiais fixadas polo centro (convocatorias de primeira e segunda oportunidade).

O traballo tutelado terá un peso na nota final do 90%.
A presentación oral dalgunha das partes do traballo ou dalgún dos comentarios que se vaian realizar na aula suporá o 10% da nota final da materia. Esta presentación será de carácter voluntario.

Todos os aspectos relacionados
coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude
académico” rexeranse de acordo coa normativa
académica vigente da UDC
.”