Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B3 B5 B6 B13 B18 Avaliación da Memoria de prácticas realizada polo/a titor/a interno/a ou académico/a. 40
Actividades iniciais A15 A16 A17 A18 A19 A21 A22 A26 A29 A30 A32 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 B26 B27 C3 C4 C5 C7 Avaliación das prácticas realizada polo/a titor/a externo/a ou profesional. 60
 
Observacións avaliación
O/A titor/a externo/a ou profesional
realizará a avaliación do/a alumno/a seguindo a escala de puntuación numérica (0-10) reflectida
no Anexo VI do “Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da
Universidade da Coruña”.

Atendendo a dita escala, realizarase a media aritmética das puntuacións obtidas en cada un dos  apartados avaliados.

A realización da Memoria de prácticas por parte do alumnado ten
que seguir ao detalle o modelo de memoria presentado no Anexo IX do
“Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da Universidade da
Coruña”. A avaliación da Memoria ten como baremo de puntuación o seguinte:



-Apartado 1: Descrición concreta e
detallada das tarefas desenvolvidas (máximo de 2 puntos).

-Apartado 2: Valoración da relación das tarefas
desenvolvidas coa titulación (máximo de 2 puntos).  

-Apartado 3: Relación dos  problemas
atopados e resolución dos mesmos (máximo de 1,5 puntos).  

-Apartado 4: Identificación do aprendizaxe adquirido durante a estadía de prácticas (máximo de 1,5
puntos). 

-Apartado 5: Avaliación final das
prácticas e propostas de mellora (máximo de 2 puntos).

-Formato de presentación (máximo 1 punto)

-A falta non xustificada á sesión de formación inicial na que se explica, entre outras cuestións, como abordar a Memoria de prácticas restará 1,0 puntos da puntuación total da memoria. Así mesmo, a entrega fóra de prazo sen xustificar da propia memoria ou doutra documentación requirida suporá igualmente a resta de 1,0 puntos da puntuación total da memoria.

Para poder ser avaliado é obrigatorio contar co correspondente
Informe do/a titor/a profesional (60% da cualificación) así como facer entrega
da Memoria de prácticas (40% da cualificación) para poder superar o
"Prácticum". A cualificación final, polo tanto e nunha escala do 0 ao
10, equivalerá á media ponderada calculada a partir das cualificacións obtidas
no Informe do/a titor/a profesional e na Memoria de prácticas.


Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.