Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Exercicios prácticos 40
Portafolios do alumno A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Traballo Final 40
Proba práctica A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Proba práctica 10
Proba mixta A7 A9 A10 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Probas preguntas curtas/test online 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nunha proba práctica (10% da nota final), unha proba de preguntas curtas ou test  online (10%), un traballo final (40%) e os exercicios prácticos (40%) realizados ao longo da materia. 


As competencias, as datas de entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. 

O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do alumnado. 

As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir a aprendizaxe  autonómo non  presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas durante os  períodos de tempo sinalados.

Os criterios de avaliación tanto para a segunda oportunidade como para a oportunidade adiantada serán os mesmos.

Respecto ao “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica”, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.