Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2024/25
Subject (*) Urban Sustainabily and Healthy Lifestyles Code 630541009
Study programme
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 5
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Psicoloxía
Coordinador
Dumitru , Adina Claudia
E-mail
adina.dumitru@udc.es
Lecturers
Dumitru , Adina Claudia
E-mail
adina.dumitru@udc.es
Web
General description A materia centrarase en presentar a relación que existe entre o deseño urbano, os estilos de vida sostibles e saudables e o benestar nas cidades e a calidade de vida. Abordará o estudo dos distintos tipos de factores que condicionan a adopción de estilos de vida sostibles e saudables, en áreas como a enerxía, a mobilidade, a alimentación, a recreación/o lecer e turismo sostible. Centrarémonos nos factores psicolóxicos, sociais, ambientais, políticos e tecnolóxicos ou infraestruturais que condicionan o comportamentos de distintos grupos sociais nas cidades e nas principais teorías que explican a relación entre ambiente urbano, comportamento e benestar. Abordaremos a sustentabilidade desde as tres perspectivas relevantes: medio-ambiental, social e económica, centrándonos en conceptos como as transicións á sustentabilidade, o mundo VUCA (volátil, inseguro, complexo e ambiguo), a economía do benestar, e a xustiza social. Así mesmo, incidirase na diferenza entre comportamentos de alto e baixo impacto ambiental, e no que se coñece como a brecha actitude-comportamento, ou o feito de que un alto nivel de conciencia ambiental non se traduce en comportamentos ou estilos de vida sostibles. Falaremos, por unha banda, de valores, crenzas, normas sociais, motivacións intrínsecas e extrínsecas, e identidade ambiental como factores crave na adopción e difusión de estilos de vida sostibles e saudables e, polo outro, das variables que explican a relación entre medio ambiente e saúde, como #o #estrés #fisiolóxico e #psicolóxico ou a alteración da inmunidade. Ahondaremos tamén nas intervencións urbanas máis prometedoras que conseguen, á vez, reducir o impacto ambiental, mellorar a saúde física e mental das persoas, e corrixir as desigualdades, como as innovacións sociais, as solucións baseadas na natureza, ou as abordaxes participativas como a ciencia cidadá. Estas intervencións contextualizaranse en distintos grupos de idade e serán adaptadas a distintos momentos evolutivos, como o cambio de ciclo escolar, o acceso á universidade, a ampliación da familia ou a xubilación.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.