Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A11 B1 B2 B4 B9 C1 C6 A avaliación do alumnado realizarase segundo se explica nas observacións. 100
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (xuño): A materia divídese en dous bloques. Ao final de cada bloque, realizarase un exame parcial liberatorio da materia correspondente. Poderán presentarse aosexames parciais aqueles/as alumnos/as que teñan asistido, polo menos, a un 70% das clases. Aqueles/as alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia (o que deberán comunicar ao profesorado da asignatura), poderán presentarse a estes exames parciais sen necesidade de cumprir o requisito mínimo de asistencia.

Aqueles/as alumnos/as que obteñan unha nota media entre os dous parciais maior ou igual a 5, terán aprobada a asignatura, e non terán que realizar o exame final.

O exame final consistirá en dúas probas correspondentes á materia de cada bloque. Aqueles/as alumnos/as que non teñan aprobada a asignatura mediante os exames parciais, examinaranse do bloque, ou dos bloques, que non teñan aprobados (*). A presentación ao exame dun bloque supón a renuncia expresa á cualificación anterior. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación media, entre os dous bloques, maior o igual a 5.

(*) Aqueles/as alumnos/as que debéndose examinar dos dous bloques se examinen soamente dun deles, serán cualificados/as como suspenso en primeira oportunidade e obterán como cualificación o mínimo entre 4,5 e a media resultante entre a máis reciente cualificación obtida en cada un dos bloques.

Segunda oportunidade (xullo): Os/as alumnos/as que non teñan superado a materia na primera oportunidade dispoñen dunha segunda oportunidade para superala. A avaluación do estudantado nesta segunda oportunidade realizarase mediante un exame global de toda a asignatura, cuxa cualificación proporcionará a nota final da mesma.

Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso, de acordo coa normativa vixente na UDC.