Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas B1 C6 - Realización de prácticas
- Asistencia e participación activa en clase
- Aplicación de coñecementos adquiridos nos boletíns.
0
Proba práctica B3 B9 Son os denominados Boletíns ou probas de resolución de problemas a realizar polo alumnado ao longo o do curso. Permítense os apuntamentos de clase e a folla formulario. Poderanse consultar dúbidas puntuais co profesor. 20
Proba obxectiva B1 B3 C6 Proba Final da primeira oportunidade. (Na segunda oportunidade computa o 100% da nota). Permítese a folla formulario.
Consistirá na resolución de problemas prácticos, así como cuestións teóricas en base á materia impartida nas clases teóricas e exercicios realizados.
Tamén se valorará:
-A estruturación de contidos
-Prantexamento, claridade e precisión
-Dominio da operativa da materia
80
 
Observacións avaliación

A avaliación será o máis continuada posible. Para a avaliación e cualificación da asignatura valoraranse os seguintes aspectos, que terán un peso distinto na nota final de curso, segundo se indica na Táboa anterior que figura nol apartado de avaliación:

* A asistencia a clase enténdese obrigatoria verificándose mediante lista ou outro sistema.

* Desenvolveranse prácticas interactivas, onde o alumnado poderá consultar as dúbidas que lle vaian xurdindo.

* Na primeira oportunidade final de curso efectuarase unha proba obxectiva. A proba obxectiva será individual e non se poderá consultar bibliografía algunha. Durante o seu desenvolvemento só se permitirá a consulta dun formulario resumo.

* A valoración das denominadas probas prácticas (boletíns) esixe a realización dun número mínimo de 5, sendo a nota deste apartado a media dos resultados obtidos nas 5 mellores cualificacións  sobre o conxunto de probas realizadas por cada estudiante.

* Na primeira oportunidade os dous apartados avaliables farán media conforme os pesos indicados na táboa anterior.

* Na denominada segunda oportunidade a final de curso avaliarase unicamente mediante a proba obxectiva. O único requisito para poder presentarse a esta proba final será figurar nas actas da asignatura. Neste caso a puntuación da asignatura será o 100% a proba obxectiva.

* Para a realización de prácticas e exame, os materiais permitidos serán unicamente:

- DNI ou outra identificación

- Material de escritura e debuxo

-Calculadora

- Unha folla resumo de fórmulas

- Prohíbense expresamente os teléfonos móbiles

* No caso do alumnado que dispoña de dispensa de asistencia e que por tanto poidan presentarse á primeira e segunda oportunidade sen precisar avaliación continua, a valoración será en ambas ocasións de modo similar á segunda oportunidade xeral, é dicir: un 100% a proba obxectiva.

*A docencia a alumnado de programas de mobilidad adaptarase ás anteriores condicións pedagóxicas e probas e exames de avaliación. Se as datas de mobilidad non permiten un seguimento razoable do curso, poderán optar en calquera caso aos exames de primeira e segunda oportunidade en igualdade de condicións que o alumnado con dispensa de asistencia.