Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación gráfica en Arquitectura | Código | 630G02053 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Quinto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A64 B7 | Realízase durante todo o cuatrimestre nos horarios facilitados ao alumnado e cunha periodicidade tal que permita o seguimento e correción da práctica exposta. | 60 |
Proba obxectiva | B2 | É unha proba teórico/práctica y/o tests que se utilizan para a evaluacion da aprendizaxe individual do alumnado. | 30 |
Presentación oral | B4 | É unha presentación pública por parte do estudantado (grupo de trabajo) do Traballo Tutelado realizado durante o cuatrimestre. | 10 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións presenciais (teóricas / prácticas) é obrigatorio nun 80%, porcentaxe que dá cobertura aos imponderables que podemos fixar nun 20%; A asistencia será computada pola realización en tempo e forma do test sobre os contidos teóricos e as correccións programadas. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, estarán exentos desta obrigación. No entanto, este alumnado deberá cumprir todo o relativo á entrega de traballos. Para superar a materia, en calquera das dúas oportunidades oficiais do curso (a correspondente ao cuadrimestre ou na segunda oportunidade de xullo) é requisito imprescindible realizar todo o traballo proposto co nivel mínimo establecido e a axeitada tutela do profesor. En caso contrario o alumno será considerado non presentado. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá entregar os traballos no seu prazo. De resulta imposible o anterior, deberá acordar previamente co profesorado unha nova data para a entrega. A tutela dos traballos propostos, só será considerada efectiva se o profesor puido comprobar o rendemento dos alumnos nos traballos realizados durante o tempo presencial da materia ou a través das tutorías, e devandito rendemento concuerda co traballo realizado durante o tempo non presencial. En consecuencia do anterior, cumprirase o seguinte: 1.- Os alumnos cualificados como non presentados na primeira oportunidade están obrigados a presentar para poder ser avaliados na segunda oportunidade todos os traballos que non entreguen na primeira oportunidade. 2.- Os alumnos que se presenten unicamente na segunda oportunidade de xullo estarán especialmente obrigados á realización de todo o traballo proposto durante o curso e en especial ao cumprimento do referente á tutela dos traballos propostos. 3.- Os alumnos que necesiten presentarse na segunda oportunidade e que non obteñan o mínimo citado para o traballo tutelado deberán presentar un novo traballo de desenvolvemento, que será proposto polos profesores. O traballo entregarase o día do exame da segunda oportunidade. A nota deste traballo será a que forme parte da nota final referente ao traballo tutelado. 4.- A falta de asistencia tanto ás clases teóricas como prácticas, por baixo do 80% de marxe, suporá a consideración do alumno como non presentado. Dada a importancia que para esta materia ten a atención personalizada, recoméndase a realización das tutorías fixadas na planificación (mínimo 1h) por parte do alumnado. "A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación" |