Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A17 A18 A28 A29 A33 A35 A36 A40 A44 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A63 A70 A71 A72 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 É unha sesión na que o estudantado convocado demostrará a adquisición das capacidades e coñecementos propios da materia mediante unha proba teórico-práctica. 34
Obradoiro A12 A13 A14 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A29 A34 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A61 A63 A70 A71 A72 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise e traballo práctico en casos relacionados coa Habitabilidade Básica.
Todo isto é formalizado nun traballo teórico-práctico, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica, que se manifestará coas estratexias comunicativas propias das profesionais da arquitectura.
A realización do traballo teórico-práctico inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso.
66
 
Observacións avaliación

Asistencia mínima. Aasistencia é obrigatoria polo menos a un 80% das sesións que compoñen o curso.Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica","dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraudeacadémica" rexeranse conforme á normativa académica vixente da UDC.

No tocante ás actividades que xurdan, en relación co traballo no taller, eque supoñan algunha modificación do calendario ou horario lectivo, serán decarácter voluntario e sempre se ofrecerá unha alternativa dentro das horasestipuladas de asistencia obrigatoria.

Matrícula tardía. As persoas matriculadas con posterioridade ao comezo docurso académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas desde a data dasúa matrícula, tendo a posibilidade de recuperar as prácticas realizadas ata adata.

Avaliación. Para superar a materia, o alumnado dispoñerá de dúasoportunidades: maio/xuño e xuño/xullo. Na primeira oportunidade, o alumnadoserá avaliado polo seu traballo no taller.

Non entregar o traballo teórico-práctico no momento da primeiraoportunidade de avaliación implica unha cualificación de "Nonpresentado".

Quen non superase esta primeira oportunidade poderá presentarse a unhasegunda, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctico no mes dexuño/xullo, segundo o calendario oficial. Para poder presentarse a esta segundaoportunidade, o alumnado deberá entregar o traballo teórico-práctico,adecuadamente titorizado polo profesorado, no momento de realización da proba.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta deprobas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicarádirectamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoriacorrespondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas asactividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Atención á diversidade: A materia poderá seradaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoioá diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ourelacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizosdisponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previaa cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC; noseu defecto, coa tutora ADI da ETSAC.