Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A60 A68 C1 C2 Incluye las clases expositivas e interactivas ordinarias 80
Traballos tutelados B1 B2 B3 B9 Incluye el trabajo cuatrimestral de Taller. 20
 
Observacións avaliación
Enténdese por avaliación a recollida de información dirixida a emitir xuízos de valor e/ou mérito sobre o proceso de aprendizaxe. Esixe unha implicación continua e activa por parte do alumnado.

ASISTENCIA: O contido teórico impartido enténdese como base fundamental, polo que unha ausencia inxustificada e reiterada repercutirá desfavorablemente. Neste sentido, será necesaria a asistencia ás sesións conxuntas (expositivas + interactivas) de máis do 80% do total.
No caso de repetidor, será necesaria a asistencia ás sesións conxuntas (expositivas + interactivas) superior ao 40% do total, sempre que no curso anterior tivese comprobado correctamente a condición anterior.
O incumprimento do mínimo de asistencia indicado anula a posibilidade de avaliar calquera proba obxectiva durante o curso académico.

PROBA OBXETIVA: 
Hai dúas probas oficiais a realizar durante o curso académico: primeira e segunda oportunidade.
Durante o cuadrimestre presencial o profesor resérvase a posibilidade de realizar unha proba de obxectivos parciales para a parte correspondente a "Xeotecnia" e outra proba de obxectivos parciales para a parte correspondente a "Contencións". Ao final do curso académico non se gardan os aprobados parciais para cursos posteriores.

A superación da materia, en cada caso, esixe unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.

Poderá ter un carácter mixto teórico-práctico cun peso conxunto do 80% da nota global.

TRABALLO TUTELADO DO TALLER: desenvolverase ao longo do cuadrimestre e suporá unha única entrega ao final do cuadrimestre.

Terá un peso na avaliación do 20% da nota global.

--------------------------------------------
ALUMNOS CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL
ATENCIÓN PERSONALIZADA: sen cambios.
ASISTENCIA: rexerase pola propia normativa académica da UDC
AVALIACIÓN: sen cambios.

--------------------
EXENCIÓN ACADÉMICA: rexerase pola propia normativa académica da UDC
PLAXIO / FRAUDE: réxese pola propia normativa académica da UDC