Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A55 A60 B34 B33 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para que a cualificación da proba mixta faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 4 puntos sobre 10.
60
Presentación oral A54 A57 B31 B32 Avaliarase atendendo a unha rúbrica. Para que a cualificación da presentación faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado que realice e entregue, en forma e prazo, polo menos o 80% das actividades propostas na aula como parte do obradoiro será avaliado de forma continua atendendo ás metodoloxías descritas na guía docente. Nese caso, o alumnado terá que obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na proba mixta como na presentación oral para superar a materia. A proba mixta realizarase na data do exame da convocatoria ordinaria.

O alumnado que non realice nin entregue, en forma e prazo, polo menos o 80% das actividades propostas na aula como parte do obradoiro, ou que non obteña polo menos unha cualificación de 5 puntos sobre 10 na presentación oral, será avaliado mediante unha única proba mixta na data da convocatoria ordinaria. Esta proba terá dúas partes diferenciadas: a primeira avaliará as competencias A55, A60, B33 e B34 a través dos contidos dos temas "Comercio marítimo e sistemas de transporte" e "Economía dos mercados de transporte marítimo" e a segunda as competencias A54, A57, B31 e B32 mediante os contidos do tema "Economía da empresa navieira". A primeira parte terá un peso do 60% na cualificación e a segunda un 40%, pero será necesario obter polo menos unha cualificación de 5 puntos sobre 10 en ambas partes para superar a materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.