Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva C23 C25 C27 C28 C32 Avaliación ordinaria dos coñecementos adquiridos o longo do cuadrimestre sobre o estudio da teoría aplicada o buque.


Na avaliación ordinaria en primeira ou segunda opción, necesita-se acadar a nota de cinco puntos sobre dez, en cada unha das probas escritas: nunha primeria de 20 minutos de tempo, máximo 40 minutos, sobre coñementos teóricos, e unha segunda parte de problemas na que dispón de dúas horas para a súa realización, máximo dúas horas e quince minutos.
100
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas
parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases
presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados
ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán
encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do
curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema
TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os
criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e
recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora
de deseñar e realizar a avaliación.