Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A58 A61 B31 B42 B54 B55 B56 B78 B102 C23 C24 C25 C27 C32 C33 C34 Será o resultado das medias conseguidas nas probas parciais (se as houbera) e/ou a proba final.

Proba escrita obxectiva para avaliar os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumnado, e as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas. Pode combinar diferentes tipos de preguntas e problemas.
Cada proba parcial (P1 e P2) achegará un 50%. A cualificación final será o resultado das medias conseguidas nas probas parciais e/ou a proba final, sendo necesario para superar a materia obter unha nota mínimo de 5,0 en cada unha das probas que se fixeren.

Proba escrita obxectiva. Terá carácter obrigatorio para aquel alumnado que non participe ou non supere a avaliación durante o curso. Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.

O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 5,0 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).
50
Prácticas de laboratorio A58 A61 B31 B42 B54 B78 B102 C23 C24 C25 C27 C32 C33 A proba obxectiva final consistirá na resolución de dous cálculos de carga e estiba (con diferentes tipos de mercancías e buques) e trincaxe, similares aos resoltos en clase. Será obligatoria para o alumnado que non supere a avaliación da resolución de problemas por curso, si se fixeron. 50
 
Observacións avaliación

Exame final: A proba escrita obxectiva terá carácter obrigatorio para aqueles alumnos que non participen ou superen a avaliación continua da materia ao longo do curso. O exame final global, como avaliació núnica, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos en cada unha e unha media de 5: a) teórica 50%; b) práctica50%.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 del Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.