Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A10 A14 A15 A16 A17 A21 B57 B53 B51 B50 B49 B47 B46 B45 B39 B38 B36 B22 B6 B5 B4 C10 C18 C19 C22 C29 C30 C31 C38 Adicionalmente á realización dos exercicios de simulación, deberase superar un exame tipo test, onde se avaliará o grao de cumprimento dos alumnos das competencias a alcanzar.
Este exame suporá un 80% da nota da materia

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10 A14 A15 A16 A17 A21 B22 B6 B5 B4 B51 B50 B49 B47 B46 B45 B39 B38 B57 B53 B36 C3 C6 C7 C10 C18 C19 C22 C29 C30 C31 C38
80
Simulación A10 A14 A15 A16 A17 A21 B57 B53 B51 B50 B49 B47 B46 B45 B39 B38 B36 B22 B6 B5 B4 C3 C6 C7 C10 C18 C19 C22 C29 C30 C31 C38 Os exercicios de simulación que se realicen ao longo do curso separaranse en dúas categorías, de navegación e de manobra, separación que non implica unha realización independente, xa que poden exporse exercicios que unan ambas categorías.

A cualificación desta metodoloxía realizarase en función da asistencia os exercicios de simulación e do seguimento continuo da evolución de cada alumno, constituíndo esta metodoloxía o 100% da nota desta parte e, por tanto, un 20% da nota final da materia.

Calquera tipo de proba, actividad ou exercicio que se plantexe aos alumnos para a súa realización de forma síncrona ou asíncrona formará parte do seguimento continuo dos exercicios de simulación. A realización destes exercicios, actividades e/ou probas será obligatoría para a superación da materia por avaliación continua.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10 A14 A15 A16 A17 A21 B22 B6 B5 B4 B51 B50 B49 B47 B46 B45 B39 B38 B57 B53 B36 C3 C6 C7 C10 C18 C19 C22 C29 C30 C31 C38
20
 
Observacións avaliación

Xa que nesta materia
inclúense as prácticas de ARPA e ECDIS obrigatorias para a avaliación da
competencia establecida na a Orde FOM/2296/2002, de 4 de setembro de 2002 e no Curso Modelo OMI 1.27, e que facultarán ao alumno para a
obtención dos certificados de especialidade de radar de punteo automático ARPA
e de sistema de información e visualización de cartas electrónicas ECDIS (unha
vez superen o resto de materias nas que se imparta a formación teórica
correspondente), será necesario unha asistencia mínima do 80% dos exercicios de
simulación de cada unha das partes. Aqueles alumnos que non cumpran esta
asistencia mínima será cualificados cunha nota inferior a 5, e non poderán
superar a materia. As prácticas non son recuperables e, por tanto, os alumnos que non haxan cumpridos os requisitos de asistencia ás mesmas non poderán superar esta parte por evaluación continua. Con todo, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) ou que se atopen embarcados no momento de impartición das prácticas, poderían quedar exentos de cumprir coa totalidade dese 80% dos exercicios de simulación a condición de que o profesorado considere que a súa experiencia a bordo puidese compensar parte, o todas, as asistencias. Neste caso o profesorado decidirá que tipo de avaliación efectuará ao alumno para ter a seguridade de que adquiriu as competencias correspondentes. Esta avaliación podería realizarse tamén en 1ª ou en 2dá oportunidade.

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1 do Código STCW relacionados con esta materia e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando
así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria