Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A6 A8 A9 A12 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C11 C12 C13 C14 C20 Os exames divídense en dúas partes dedicadas a:
(1) Resolución de exercicios prácticos de mecánica do sólido deformable. Valoración: 65 puntos sobre 100.
(2) Contestación a preguntas sobre os contidos conceptuais de mecánica de fluídos. Valoración: 15 puntos sobre 100.
80
Traballos tutelados A1 A8 A9 A25 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C11 C12 C13 C14 Os estudantes deberán presentar un traballo individual e obrigatorio na data indicada polo profesor, anterior á data do exame da convocatoria correspondente, no que se resolverá un problema de mecánica de fluídos computacional empregando as ferramentas estudiadas na materia (Salome, OpenFOAM, … etc.). O estudiante entregará un “dosier” coa solución do traballo e realizará unha presentación oral na data indicada polo profesor (en todo caso con anterioridade á data de peche de actas). Ao remate da presentación oral, os estudiantes responderán ás preguntas que faga o profesor sobre o contido do traballo, metodoloxía empregada, … etc. No acto de presentación, os estudiantes deberán poder acceder a todos os arquivos dos modelos xerados para poder ser revisados (diccionarios de OpenFOAM, arquivos .hdf, … etc.). 20
 
Observacións avaliación

O contido da materia divídese en dous bloques: medio continuo sólido (A) e medio continuo fluído (B).

O 65% da cualificación da materia corresponde ao bloque A, mentres que o 35% restante corresponde ao bloque B.

A materia supérase cando a nota global sexa igual ou superior a 50 sobre 100. Para facer media entre as notas dos bloques A e B o estudante debe ter unha nota superior a 35 sobre 100 en cada un dos dous bloques.

En cada exame os estudantes poden presentarse libremente a calquera das dúas partes (1 ou 2) ou a ambas. A cualificación final obterase a partir da nota máis recente obtida polo estudante en cada unha das partes.

A presentación do traballo en calquera das convocatorias implica que o estudante se presenta a esa convocatoria, incluso en caso de que non se presente ao exame oficial correspondente. A cualificación obtida no traballo conservarase unicamente durante ese curso académico.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.