Metodoloxías Descrición
Presentación oral O alumnado disporá dun tempo estimado pola Comisión, e que se lle indicará cando comence a facer o traballo, para presentar o traballo desenvolto
Traballos tutelados O estudantado desenvolverá un traballo orixinal de forma individual que presentará e defenderá ante un tribunal universitario. Este consistirá en identificar no problema a resolver ou proxecto as restricións sociais, xurídicas, de seguridade, ambientais, económicas e tecnolóxicas. Realizar, se procede, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada ao desenvolvemento do TFM. Comunicar de forma precisa e sen ambigüidades, tanto de forma escrita como oral, coñecementos, procedementos, argumentos, resultados, ideas e conclusións, a públicos especializados e non especializados no ámbito da auga. Integrar coñecementos, metodoloxías procedimentais e competencias adquiridas previamente para resolver un problema relacionado co ámbito da auga na súa concepción máis ampla.

Se asignará a cada alumno/a unha persoa tutora, quen orientará na elaboración do traballo, redacción do documento e preparación da exposición pública. O documento final onde se plasmará o traballo realizado deberá conter, polo menos: (i) obxectivos, (ii) metodoloxía, (iii) resultados, (iv) lexislación e/ou normativa sectorial e transversal aplicable no seu caso, (v) estudo de impacto ambiental no seu caso, (vi) orzamento no seu caso, (vii) conclusións e (viii) bibliografía. Finalmente, sinalar que, en relación ás competencias específicas, traballaranse as relacionadas directamente co ámbito no que se desenvolva o Traballo de Fin de Máster.