Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida B11 B14 C1 C8 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. 10
Estudo de casos A9 A17 A21 A23 B1 B9 B10 B12 B13 C4 C5 C6 C7 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos formulados. 10
Proba obxectiva C1 Durante o período lectivo realizaranse probas escritas que computarán para o cálculo da cualificación. Sobre unha cualificación máxima de 7 puntos o alumno debe alcanzar, na proba obxectiva, unha nota media mínima de 3,5 puntos para superar a materia. 70
Solución de problemas C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas formuladas nas sesións interactivas. 10
 
Observacións avaliación
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

As probas que se realicen ao longo do curso, incluso impartindo clases presenciais, poderán realizarse en modo virtual. 

As cualificacións obtidas nas sesións interactivas que poidan referirse a solución de problemas, estudo de casos e discusión dirixida, sumaranse ás obtidas na proba obxectiva sempre que, nesta, se obteña unha nota mínima de 3,5 puntos, contados sobre os 7 puntos establecidos como nota máxima para esta proba.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades. Na convocatoria adiantada, se non fose posible realizar actividades intreractivas, faríase un exame sobre toda a materia coa posibilidade de alcanzar o 100% da nota. Na segunda oportunidade, se na proba obxectiva se obtén unha cualificación igual ou superior a 3,5 puntos, no caso de que o alumno, nas sesións interactivas realizadas ao longo do curso, obtivese unha cualificación insuficiente para superar a materia, terá dereito a repetir aquelas partes das sesións interactivas que sexa posible facelo.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na xunta de facultade para as probas obxectivas, para as restantes probas acordarase, a requerimento do alumno, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación. 

Conforme á normativa aprobada pola Xunta de Facultade, está prohibido o acceso á aula na que se realizan as diferentes probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ten que acreditar a súa personalidades de acordo á normativa vixente.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.