Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Durará unha hora e consistirá na presentación da materia.
Proba práctica Consistirán na realización por parte do estudantado de diversos exercicios na aula.
Lecturas Esta actividade refírese ao estudo e preparación da materia, pola parte do estudantado, para a súa posterior avaliación. Non será unha actividade presencial.
Proba de resposta múltiple Haberá probas de resposta múltiple constituídas por preguntas con varias respostas das que só unha será verdadeira. As cuestións serán relativas aos conceptos teóricos e prácticos estudados nas clases de sesión maxistral e de solución de problemas.
Sesión maxistral Centrarase na exposición dos contidos teóricos.
Solución de problemas Consistirá na exposición e realización dos contidos prácticos dos diferentes temas, con participación pola parte do estudantado.
Seminario Nestas sesións resolveranse de xeito colectivo as dificultades que podan xurdir coa materia. Os estudantes poderán ter que presentar e defender o seu traballo individual. Servirán para un seguimento máis personalizado do progreso do estudantado.
Proba mixta Á fin do cuadrimestre haberá unha proba mixta (teórica e práctica) de carácter presencial. Esta proba será realizada na data oficial de avaliación que determine o centro para esta materia.