Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A12 A19 B4 B5 B11 B12 Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público.
As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico.
Poderanse traballar temas de actualidade, a proposta do profesor, tanto individualmente como en grupo.
50
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%.

50
 
Observacións avaliación

Para
a cualificación final poderá ser tida en conta a asistencia a clase, así como o
nivel de participación activa durante as mesmas e as achegas realizadas sobre
os temas tratados.

Cualificación de non presentado:
corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan
unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia
da puntuación obtida.

 

Na
convocatoria adiantada e na segunda oportunidade, seguirase o mesmo criterio
que para a primeira oportunidade. Ademais do exame teórico será
necesaria a realización dunha proba complementaria, o mesmo día do exame
teórico ou na data e hora que se fixen, na que as preguntas versarán sobre o contido
das exposicións que foron realizadas en clase nas presentacións dos traballos
prácticos propostos ao longo do cuatrimestre. Se a nota obtida nesta proba fose
inferior á obtida nas practicas realizadas ó longo do cuatrimestre, se manterá
a nota mais alta, para facer a media ca nota da teoría.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”
“dedicación ao
estudo”
“permanencia” e “fraude
académica”
 rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.