Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral C3 C6 C8 Considerarase a asistencia, actitude e participación nas sesións maxistrais (clases teóricas) 10
Proba obxectiva A5 A8 A12 B6 Proba que consta dunhas 20-30 preguntas de tipo test, con catro posibles opcións. Só unha das opcións será correcta. 60
Lecturas B1 B8 Os alumnos elaborarán un traballo ou "resumo crítico" do tema 4 (Aprendizaxe da non-continxencia: Indefensión aprendida). Terase en conta o contido e a exposición deste, ata un 30% da calificación final (ata un 20% o traballo en sí, ata o 10% á súa exposición). 30
 
Observacións avaliación

“Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.: quen se atope nesta situación poderá:

a) optar igualmente pola realización do traballo (que se valora con ata 2 puntos) e incorporar a parte da evaluación que se otorga por asistencia e exposición do traballo á puntuación do examen (é decir, a proba obxectiva constituiría entón o 80%, 8 puntos), ou,
b) derivar o 100% da calificación da puntuación obtida no examen (proba obxectiva: 10 puntos).

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliaciónA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.