Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos catro temas na aula, por parte da profesora
Prácticas de laboratorio 1º Obter ADN a partir de mucosa bucal
2º Practicar a disección dun cerebro de cordeiro
3º Realizar o cariotipo humano a partir dunha imaxe dos cromosomas (metafase).
Proba obxectiva Responder a un cuestionario de 40 preguntas tipo test (verdadeiro/falso) relacionadas cos catro temas expostos pola profesora e coas prácticas de laboratorio realizadas polos alumnos.