Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición mediante docencia expositiva na aula dos temas da materia con axuda de materiais multimedia. Dedicarase á presentación e explicación de contidos teóricos por parte do profesorado, insistindo naqueles conceptos que considere básicos, e poñendo cada tema en relación dinámica con outros aspectos do programa traballados tanto a nivel teórico como práctico. Fomentarase a participación activa do alumnado nas sesións a través do formulamento de dúbidas e comentarios, e farase referencia á bibliografía que poida ser de axuda para o traballo autónomo. En definitiva, seguirase unha metodoloxía participativa e colaborativa, con aprendizaxe guiada en todo momento polo profesorado.
Prácticas de laboratorio 1º Obter ADN a partir de mucosa bucal
3º Realizar o cariotipo humano a partir dunha imaxe dos cromosomas (metafase).
2º Practicar a disección dun cerebro de cordeiro

As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Psicobioloxía do grupo DICOMOSA que se atopa na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Para iso será imprescindible a organización de pequenos grupos para que o alumnado poida traballar sen interferir na labor investigadora do grupo. Nas prácticas aprovecharase para resolver dúbidas relacionadas coa materia explicada durante as sesións maxistrais.
Portafolios do alumno Ao finalizar a docencia o alumno deberá preparar un portafolio a modo de traballo escrito, onde se recollan as actividades realizadas nas prácticas de laboratorio. O devandito portafolio entregarase ao profesor/a da materia antes do fin do prazo fixado para a súa avaliación e cualificación.
Proba obxectiva Responder a un cuestionario de aproximadamente 40 preguntas, tipo test (verdadeiro/falso) ou preguntas curtas, relacionadas cos temas expostos na aula e coas prácticas de laboratorio.