Na seguinte materia de deseño de plans de formación pretendemos os seguintes obxectivos:
- Capacitar aos estudantes para realizar deseños de plans de formación.
- Coñecer as condicións necesarias para poñer en práctica plans e programas de formación.
- Analizar a realidade específica dos deseños e as prácticas curriculares e formativas de institucións/centros de diferentes contextos de intervención.
- Estudar e identificar os diversos enfoques e modelos de planificación da formación.
- Desenvolver e aplicar as diversas operacións e fases que require o deseño dunha proposta formativa.
- Orientar e xestionar a planificación, desenvolvemento e avaliación de plans e programas de formación.
En relación coa bibliografía, esta e o material teórico, práctico e de apoio para abordar os diferentes contidos e bloques temáticos da materia estarán dispoñibles na aula virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías