Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor para traballar os contidos teóricos, complementada coa visualización de vídeos relacionados cos contidos ensinados. Ademais, preguntaranse ao final do tema para reflexionar sobre os contidos e resolver calquera dúbida que poida xurdir.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.