Metodoloxías Descrición
Foro virtual Na plataforma Moodle abrirase un espazo virtual de discusión e de aprendizaxe colaborativa en que se construirá conxuntamente un glosario de termos especializados, se incorporarán ligazóns de interese relacionada cos contidos da materia e terán lugar discusións asíncronas dirixidas polo docente.
Esta metodoloxía poderá ser adaptada en función das características concretas da turma.
Lecturas O alumnado deberá ler dous artigos especializados con anterioridade á celebración de cada unha das sesións presenciais. Esta metodoloxía será avaliada a través da participación no foro, no glosario e na achega de ligazóns.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Proba de ensaio Realizarase unha proba escrita de ensaio en que o alumnado deberá pór en relación, de maneira argumentada e crítica, o texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais.
Estudo de casos Nas sesións interactivas realizaranse supostos prácticos (i) de actuación sobre os marcos de pensamento ocultos que condicionan a atribución de valores negativos a unha lingua, (ii) de planificación lingüística nos centros de ensino e (iii) de análise, revisión crítica e proposición de alternativas de mellora dun proxecto lingüístico de centro.