Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo C1 C3 C8 Avaliación dun proxecto de tecnoloxía realizado nun grupo de traballo, que se presenta nunha feira final orientada a persoas con diversidade funcional e/ou cognitiva. A feira realizarase de xeito presencial na data fixada pola docente. 30
Traballos tutelados A16 A17 A18 C1 C3 C8 Avaliación de traballos tutelados grupais de avaliación continua.
20
Proba mixta A16 C1 Avaliación dos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso mediante unha proba final. Realizarase de xeito presencial na data establecida no calendario académico. 50
 
Observacións avaliación

Para a avaliación continua das actividades de aprendizaxe e servizo e traballos tutelados, é obrigatorio o 80% de asistencia á aula dos/das estudantes.

A
cualificación será a media ponderada das notas das actividades e
traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na
data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das
partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de
non superar algunha das partes, na segunda oportunidade deberase entregar de novo e/ou repetir
todas as partes non aprobadas (respectivamente, actividades/traballos e/ou proba). 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Normas específicas de avaliación para estudantado con recoñecemento de dispensa académica:
  1. Deberá
    poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se
    isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle
    fora concedido o recoñecemento.
  2. Terán
    que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos
    ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Se
    non se cumpre a entrega na data sinalada a cualificación será NON PRESENTADO.
O estudantado que, por circunstancias excepcionais, non cumpra a porcentaxe do 80% de asistencia, debe acollerse tamén ao punto 2 indicado anteriormente.

En todos os casos, a asistencia e participación na feira de tecnoloxía é obrigatoria para superar a materia.

A cualificación será NON PRESENTADO: a) cando non se complete o proceso de avaliación
continua, nas condicións que figuran nesta guía docente, ou b) cando non se
presente á proba mixta na data oficial de avaliación.
 
Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (uso de linguaxe non
sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se
traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Atenderemos ás situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas, no caso de
producirse.