Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A25 A26 A28 C6 C8 Proba individual e presencial na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia. Valorarase especialmente a capacidade de argumentar desde o punto de vista pedagóxico, didáctico e curricular.

Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”

30
Aprendizaxe colaborativa A23 A25 A26 A28 C3 C6 C8 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 70
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
non acada o 80% de asistencia, será avaliado coma se fose alumnado con
recoñecemento de dispensa académica.



ALUMNADO QUE ASISTE A MÁIS DO 80% DAS AULAS. Na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) a cualificación final será a media ponderada das notas
das distintas actividades da materia (resumo: 10%, traballo tutelado: 60%, e
proba de ensaio/desenvolvemento: 30%), debendo obter en cada unha das partes
un aprobado (5 ou superior sobre 10). Se non se cumpre coa entrega das
actividades na data sinalada, considerarase como “non presentado” na primeira oportunidade (convocatoria
ordinaria). Cando algunha das actividades da materia (resumo, traballo tutelado,
proba de ensario/desenvolvemento) acaden a cualificación de suspenso, a
cualificación da materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota
da actividade suspensa máis alta. Nótese que a proba de ensaio/desenvolvemento
é individual e presencial, tendo lugar na data oficial do calendario
académico.

O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria)
non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou superior sobre 10) ou non
se tivera presentado, na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria)
realizará de novo a proba de ensaio/desenvolvemento na data oficial do
calendario académico. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades de
avaliación continua que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación
de suspenso ou non se presentaran. Deste xeito, a
cualificación final da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria) será
a media ponderada das notas das distintas actividades da materia (resumo: 10%,
traballo tutelado: 60%, e proba de ensario/desenvolvemento: 30%), debendo obter
en cada unha das partes un aprobado (5 ou superior sobre 10).

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo
o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na
Universidade da Coruña”:

 -      Deberá poñelo en coñecemento do
persoal docente na primeira semana de aulas, ou, se isto non fora posible, nun
prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 

 -      Terá que realizar de
forma individual todas as actividades de avaliación continua propostas ao longo
do curso, e entregalas nas datas establecidas polo
persoal docente, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior sobre 10). Ademais, tal e como se especificou no apartado de “atención
personalizada”, terá que realizar unha serie de actividades adicionais deseñadas
polo persoal docente da materia, que debe entregar nas datas establecidas por
este, debendo obter en cada unha das mesmas a cualificación de “apto”. Se non
se cumpre coa entrega das actividades (xa sexa as actividades de avaliación
continua coma as actividades extra) na data sinalada, considerarase como “non
presentado” na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria).

 -       Para a
cualificación da materia na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria), a
cualificación final será a media ponderada das notas das distintas actividades
da materia (resumo: 10%, traballo tutelado: 60%, proba de ensaio/desenvolvemento:
30%, actividades adicionais), debendo obter en cada unha das partes un aprobado/”apto”
(5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da materia acaden a
cualificación de suspenso/”non apto”, a cualificación da materia será de
suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade suspensa máis alta.
Nótese que a proba de ensaio/desenvolvemento é individual e presencial,
tendo lugar na data oficial do calendario académico.









 -      Na segunda
oportunidade (convocatoria extraordinaria), o alumnado realizará de novo as
actividades que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de
suspenso/“non apto” ou non se presentaran (resumo, traballo tutelado, proba de ensaio/desenvolvemento,
actividades extra). Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media ponderada das notas das actividades
da materia (resumo: 10%, traballo tutelado: 60%, proba de ensaio/desenvolvemento:
30%, actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un aprobado/”apto”
(5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da materia acade a cualificación de suspenso/
“non apto”, a cualificación da materia será de suspenso, sendo a cualificación
final a nota da actividade suspensa máis alta. Nótese que a proba de
ensaio/desenvolvemento é individual e presencial, tendo lugar na data
oficial do calendario académico.