Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ámbito Científico e Educativo das Ciencias Sociais | Código | 652604411 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Metolodoxía centrada en familiarizar ao alumnado co ámbito científico das Ciencias Sociais. |
Análise de fontes documentais | Traballo con documentación, textos e artigos sobre o ámbito científico e educativo das Ciencias Sociais. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, consistirá na formulación e desenvolvemento dunha investigación ou innovación propia do ámbito científico das Ciencias Sociais. |
Presentación oral | Como resultado do traballo tutelado presentarase na aula os obxectivos e resultados principais do mesmo. |
Sesión maxistral | Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Aprendizaxe colaborativa | Traballo en grupo de forma colaborativa coa axuda do profesor orientada fundamentalmente ao desenvolvemento do traballo tutelado. |