Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
Aprendizaxe colaborativa A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación” que incluirá as actividades demandadas e traballadas na aula. A cualificación será a mesma para todo o grupo.
60
Presentación oral A28 A33 A35 C1 C3 C5 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
 
Observacións avaliación

Atendendo ás Normasde Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao eMestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e asmetodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberáacadar un 5 na cualificación global da mesma.

O alumnado quedurante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nassesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada edeberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberárealizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega nadata sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non presentado.

A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se presentase.

  • No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
  • No segundo caso (alumnado non presentado na primeira oportunidade) realizará todas as actividades de avaliación continua.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.