Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Áreas de Investigación que Informan a Educación Musical | Código | 652610A11 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe servizo | A15 A16 A22 C4 C6 C8 | A presentación deste traballo formará parte do documento xeral mediante o cal se avaliará o Traballo Tutelado. Para a súa valoración teranse en conta os seguintes criterios: • Afinidade da proposta cos contidos da materia • Relevancia da problemática elixida desde o punto de vista social |
10 |
Análise de fontes documentais | A15 A16 A17 A19 A22 A26 C2 C3 C6 | A avaliación deste apartado contemplará os seguintes aspectos: • Utilización adecuada de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos. • Calidade e fiabilidade dos diferentes datos conseguidos a través das TIC. • Emprego correcto dos datos bibliográficos na elaboración de traballos escritos. |
10 |
Presentación oral | C1 | O traballo tutelado será presentado de forma oral nunha exposición que terá como duración máxima 15 minutos. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Claridade na exposición. • Axuste ao tempo establecido. • Emprego correcto dos recursos de apoio (gráficos ou auditivos) |
20 |
Traballos tutelados | A25 A26 C1 C4 C7 C8 | Este traballo será elaborado, individualmente ou en pequenos grupos, sobre un tema propio da materia. Nun dos apartados, a temática elixida deberá ser vinculada a un proxecto Aprendizaxe Servizo. Desde o punto de vista formal, axustarase ás normas esixidas no TFM. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Orixinalidade. • Creatividade. • Utilidade práctica e viabilidade. • Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Normas específicas de avaliación para o alumnado con Segundo o establecido na NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira 2. Terán que realizar, individualmente, todas as 3. A cualificación será a media ponderada das notas das O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. Perspectiva de xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, etc.) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/)
|