Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Simulación A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula. 20
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Proba mixta A7 A10 A30 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliadossegundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesiónsinteractivas, do 80%.

Portafolios do alumno/a (grupal):

Constará de tres partes:

1) Na que se recollerá a actividaderealizada no grupo interactivo (en base ao suposto que se facilite e as fasesde desenrolo de este), así como unha reflexión grupal das competenciasadquiridas atendendo tamén ao seu desenvolvemento ao escenificalo na aula.

2) A avaliación que fan do seu propiotraballo (unha nota numérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáiscompañeiros/as na aula (unha nota numérica que deberán argumentar).

3) A avaliación da asignatura incidindo sobretodo nos aspectos de mellora.

IMPORTANTE: Será necesario obter alomenoso 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura

Na simulación deberánparticipar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL(DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensade asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidadede avaliación continua ou optar por asistir ao exame final realizando unhaproba similar á do alumnado non asistente.

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar, individualmente, todas asactividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidaspolo docente. Se non se cumpre a entrega na datasinalada considerarase unha cualificación de non presentado na materia.

A cualificaciónserá a media ponderada das notas das actividades etraballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data docalendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado(5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha daspartes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade aspartes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba)

ALUMNADO NON ASISTENTE

Neste caso a avaliación consistirá nunhaproba de carácter mixto:

- Un exame tipo test que teráun peso na avaliación final do 40%

- Unha parte de preguntas deresposta breve que terá un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cadaunha das partes para poder sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios deavaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario tenasumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e examesrealizados como condición imprescindible para superar a materia.

Considerarasecomo “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para ocurso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Nonpresentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nascondicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba doperíodo oficial de avaliación.

Ante a detección de conductasindebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC seestablece a:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa afalta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudanteserá cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoriacorrespondente do curso académico, tanto se a comisión da falta seproduce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase amodificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fosenecesario.

“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixenteda UDC.”