Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 | Traballo grupal orientado a análise e reflexión sobre unha das metodoloxías abordadas na materia. Implica a sistematización dunha proposta pedagóxica e reflexión sobre a mesma en base aos contidos da materia. Valorarase a compresión fonda da proposta; a capacidade reflexiva, amosando o dominio dos contidos; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a utilización de fontes documentais axeitadas, actuais e correctamente referenciadas. Implica tamén a presentación da experiencia en sesión de clase. Valórase a calidade expositiva, a solidez do discurso, boa coordinación como grupo, capacidade para destacar os elementos máis relevantes da proposta e de promover a comprensión e aprendizaxe do resto do alumnado. |
30 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 | Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.´ Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia. |
50 |
Aprendizaxe servizo | A1 A5 A6 A13 A22 A23 A28 A30 B5 B7 B12 B16 B22 C4 | Traballo grupal de elaboración da fundamentación teórica sobre o enfoque de Educación para a cidadanía global; a súa relevancia na escola e, máis concretamente, na etapa de educación infantil; así como a identificación de claves metodolóxicas para concretala na práctica. Valorarase o grao de profundidade do contido, a compresión fonda do enfoque de ECG e as súas implicacións en educación infantil, a identificación de claves prácticas coherentes, o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a utilización de fontes documentais axeitadas, actuais e correctamente referenciadas. |
20 |
Observacións avaliación | |||
1.- Para poder ser avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. 2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificación será a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración e para, de ser o caso, activar as medidas de adaptación e acompañamento precisas. 5.- O alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, o deberá facer constar para establecer o sistema de acompañamento axeitado ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. É imprescindible solicitar a inicio de curso unha titoría para acordar o proceso de seguimento da materia. Establécense, neste caso, como metodoloxías de aprendizaxe e avaliación:
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 80%. 6.- Seguindo as indicacións da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, infórmase de que quen na realización de traballos cometa plaxio ou a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, para ambas oportunidades. |