Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 Traballo grupal orientado a análise e reflexión sobre unha das metodoloxías abordadas na materia. Implica a sistematización dunha proposta pedagóxica e reflexión sobre a mesma en base aos contidos da materia. Valorarase a compresión fonda da proposta; a capacidade reflexiva, amosando o dominio dos contidos; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a utilización de fontes documentais axeitadas, actuais e correctamente referenciadas.
Implica tamén a presentación da experiencia en sesión de clase.

Valórase a calidade expositiva, a solidez do discurso, boa coordinación como grupo, capacidade para destacar os elementos máis relevantes da proposta e de promover a comprensión e aprendizaxe do resto do alumnado.
30
Proba mixta A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.´

Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
50
Aprendizaxe servizo A1 A5 A6 A13 A22 A23 A28 A30 B5 B7 B12 B16 B22 C4 Traballo grupal de elaboración da fundamentación teórica sobre o enfoque de Educación para a cidadanía global; a súa relevancia na escola e, máis concretamente, na etapa de educación infantil; así como a identificación de claves metodolóxicas para concretala na práctica.

Valorarase o grao de profundidade do contido, a compresión fonda do enfoque de ECG e as súas implicacións en educación infantil, a identificación de claves prácticas coherentes, o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a utilización de fontes documentais axeitadas, actuais e correctamente referenciadas.
20
 
Observacións avaliación

1.- Para poder ser avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. 

2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificación será a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración e para, de ser o caso, activar as medidas de adaptación e acompañamento precisas.  

5.- O alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, o deberá facer constar para establecer o sistema de acompañamento axeitado ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. É imprescindible solicitar a inicio de curso unha titoría para acordar o proceso de seguimento da materia.  Establécense, neste caso, como metodoloxías de aprendizaxe e avaliación: 

  • Traballo tutelado. Implica a sistematización dunha proposta pedagóxica e reflexión sobre a mesma en base aos contidos da materia, seguindo a guía metodolóxica que se facilitará. Valorarase a compresión fonda da proposta; a capacidade reflexiva, amosando o dominio dos contidos da materia; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a utilización de fontes documentais axeitadas e actuais. Implica a realización de titorías de seguimento (30%).  

  • Proba mixta. Na data do exame e nas mesmas condicións que o resto do alumnado (70%). 

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 80%.  

6.- Seguindo as indicacións da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, infórmase de que quen na realización de traballos cometa plaxio ou a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, para ambas oportunidades.