Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Valores e educación para a igualdade | Código | 652G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
1. Os traballos entregaranse telemáticamente, a través o campus virtual, e de non ser posible: realizaranse impresións a dobre cara, en papel reciclado e grapados (evitarase o uso de plásticos. 2. Non se admitirán traballos dos que a docente non teña constancia da sua realización. 3. Os traballos deben presentarse ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora), e sempre que conteñan referencias bibliográficas, é imprescindible seguir as normas da APA (7ª ed.), empregando ademáis a citación xusta. 4. As datas de entrega dos traballos son proposta ao inicio do cuadrimestre. Polo tanto, son inamovibles, agás casos excepcionais. É aconsellable gardar copia do orixinal que se entregue. 5. Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. 6. Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 7. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva feminista nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizaranse referencis bibliográficas de ambos sexos -citación xusta-, propiciarase a intervención na aula de alumnas e alumnos...) 9. Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 10. Deberanse detectar situacións de discriminación por rzón de xénero e proporanse accións e medidas para correxilas. 11. Facilitarase a plena integración do alumnado por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, que experimenten dificultades a un acceso axeitado , igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera nedecesidade de proposta de mellora sexa comunicada. 12. A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial. 13. O horario de titorías está exposto na web da Facultade e na porta do despacho P0B5. |