Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e titoría | Código | 652G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 | Proba/s asíncrona/s na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do/a estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. | 15 |
Simulación | A10 A32 B6 | Valorarase a representación preparada en grupo e tutorizada pola profesora da materia. | 27.5 |
Traballos tutelados | A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 | Valorarase a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. | 25 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A22 B11 B14 C3 C5 | Se avaliará a aprendizaxe efectiva do alumnado, a través de actividades de carácter práctico, dos contidos teóricos relacionados coa materia. |
12.5 |
Proba obxectiva | A8 A11 | Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará dúas probas escritas para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma. Polo tanto, o día marcado no calendario oficial para a primeira oportunidade non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia. O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas sesións interactivas) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada. Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas. É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes. A segunda oportunidade estará destinada ao alumnado que non superase a materia ou que non se presentase.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame da 2ª oportunidade de 2025. A proba obxectiva, que supón un 20% da calificación total, se realizará na data oficial. A avaliación adiantada rexerase polo mesmo sistema de avaliación. O alumnado baixo esta modalidad o debe comunicar ás docentes ao principio de curso. Deberá entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame. Realizándose a proba obxectiva que supón un 20% da calificación total, na data oficial. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” |