Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G01023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A53 A54 A55 A56 A57 | Realizarase unha ou varias probas escritas a través de Moodle, que integrarán diferentes xeitos de comprobar se a aprendizaxe foi significativa. Para elo empregaranse diferentes tipos de probas: 1.1. Probas de resposta breve. 1.2. Preguntas tipo test. 1.3. Preguntas abertas. 1.4. Exercicios prácticos. |
30 |
Traballos tutelados | A53 A54 A55 A56 A57 B22 C3 C8 | Realización de 3 traballos grupais con un mínimo de 3 integrantes e un máximo de 6. No proceso de avaliación observaranse as seguintes normas: • Cada traballo escrito terá unha extensión entre 3 e 4 páxinas word sin contar portada, índice e bibliografía. • Cada presentación escénica terá unha duración entre 2 e 3 minutos. • Os traballos serán entregados a través da plataforma informática que se indique. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Orixinalidade. • Creatividade. • Utilidade práctica e viabilidade. • Adecuación ao currículo de Educación Infantil. • Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos. |
30 |
Obradoiro | A53 A54 | Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a disposición de integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados. É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos). A partir das 10 prácticas obrigatorias sumaranse puntos por cada asistencia tendo en conta o calendario académico, adaptándose ó número de clases de cada grupo En casos excepcionais, poderá recuperarse algunha clase tras un previo consenso co profesorado. |
20 |
Proba mixta | A53 A54 A55 A57 | Realizaranse as seguintes probas prácticas: 1. Ditado musical (15%) 2. Lectura e medida (15%) 3. Expresión vocal (35%) 4. Interpretación con frauta doce e/ou melódica (35%) |
10 |
Prácticas a través de TIC | B1 B25 | Os exercicios prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades: 1. Manexo de editores de partituras. 2. Manexo de editores de audio. 3. Deseño de exercicios de percusión corporal. 4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical 5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a asignatura é necesario obter un 5 en cada un dos Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exámes como nos Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos pasillos e noutras áreas En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. En caso de reiteración, Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña” (Art. 6.b) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 7º.3), o profesorado recollerá nas guías docentes de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”. Describir as implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación, indicando, por exemplo: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". Todos os aspectos relacionados con "dipensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” |