Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo no inicio do proceso de ensino-aprendizaxe a fin de establecer as competencias, intereses e/ou motivacións iniciais que posúe o alumnado así como a explicación da finalidade que pretendemos coa asignatura e o seu lugar no proceso de ensinar e aprender. Así mesmo, pretenderemos estimular o coñcemento e actividade co obxeto de que participen na búsqueda e construcción de coñecemento novo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anula unha ben.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
A ferramenta de xestión empregada será Moodle.