Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B22 B23 Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anula unha ben. 40
Portafolios do alumno A2 A7 A11 B1 B5 B11 C7 C6 Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación.
Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo.
60
 
Observacións avaliación

Teranse en conta dúas opcións.

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>80%):

Coñecementos prácticos:

Nas clases interactivas levarase a cabo o Portafolio do alumnado en pequeno grupo e individualmente constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos. A asistencia ás prácticas é obrigatoria, de non cumprir con este requisito a materia considerase como non superada na 1ª oportunidade, tendo que facelas de forma individual para a 2ª oportunidade.

Coñecementos teóricos: 

Mediante a Proba mixta avaliaranse os coñecementos teóricos que constitúen o 40% da nota final.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para o computo na nota final. A cualificación final será a suma entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible, de non ser o caso a materia consideraríase como non superada.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 80%)

Unicamente poderase acoller a esta modalidade o alumnado matriculado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida por parte da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores)

Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos.


Notas:

1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será a da parte suspensa pasada a unha escala de 0 a 10 puntos. 

2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas. 

3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).

4. A convocatoria de 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade.

5. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”