Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua galega e a súa didáctica | Código | 652G02005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 | Realización en pequeno grupo ou individual dun traballo titorizado guiado no que desenvolver de forma práctica os contidos teóricos e no que se demostre a aplicabilidade didáctica | 20 |
Proba de ensaio | A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 | Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas | 40 |
Obradoiro | A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 | Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. | 15 |
Lecturas | A45 A48 A50 A52 B15 | Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades didácticas, a través do debate en foros ou tarefa de Moodle. | 8 |
Portafolios do alumno | A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 A53 B3 B6 B7 B8 B9 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C8 | O portafolios realizarase de xeito programado co desenvolvemento da materia e incluirá aquelas actividades que a docente indique ao alumnado e que este deberá realizar en tempo e forma para poder ser avaliadas empregando a avaliación continua. A finalidade última é a de facer un seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a a medida que se vai desenvolvendo a materia para que este/esta sexa consciente dos seus avances no proceso de ensino-aprendizaxe. | 12 |
Presentación oral | A43 A45 A46 B7 B8 B9 B15 C1 C3 | Exposición oral dos traballos tutelados co apoio de recursos dixitais. | 5 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia o alumnado debe ser capaz de expresarse con corrección e fluidez de forma oral e/ou escrita en todas as probas de avaliación e nas diferentes tarefas e traballos obrigatorios, de forma que demostre unha competencia comunicativa axeitada para o seu desenvolvemento profesional. O dominio destas destrezas é preceptivo para aprobar a materia. Modalidades de avaliación Estabelécense tres modalidades de avaliación: 1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases (80%): obradoiro e portafolio grupal, onde se reflictan todas as tarefas prácticas elaboradas durante as sesións, xunto co material didáctico creado (27%), traballo tutelado escrito e exposición oral cos resultados (25%), reflexión crítica e argumentada non obrigatoria das lecturas obrigatorias que complementan os textos téoricos (8%) e proba de ensaio individual escrita (40%). O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia. Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas (proba de ensaio, obradoiro/portafolio e traballo tutelado/presentación oral). Na cualificación final da materia deste alumnado, tamén influirán variantes como a participación activa nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas, así como as actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia obrigatoria a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. 2. Para as persoas con recoñecemento de dedicación parcial ou dispensa académica: proba de ensaio escrita extensa (70%), portafolio individual coas actividades propostas pola docente (10%) e un traballo titorizado e presentación oral (20%). Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo e seguimento. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase que dita/o estudante opta pola modalidade 3) de avaliación. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba). 3. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases e convocatoria adiantada: unha proba de ensaio extensa (80% da cualificación) e un traballo titorizado (20%). Excepcionalmente, e a valoración da docente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame (100%). - Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. - Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes , en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. - Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |