Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua e literatura galega e a súa didáctica/652G02013
Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica/652G02029

Observacións

 

 Para cursar axeitadamente esta materia, é preciso ter:

  • coñecementos amplos de gramática galega
  • coñecementos do léxico común habitual da lingua galega
  • coñecementos de sociolingüística galega
  • dominio medio-alto da expresión oral e da escrita en lingua galega

Tendo en conta a importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza Superior de acordo coa lexislación vixente e atendendo ás indicacións da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, esta materia, así como a súa docente a título persoal, comprométese a:

  • Usar linguaxe non sexista e inclusiva.
  • Visibilizar e analizar os nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc. 
  • Propiciar a intervención en clase de alumnas e alumnos.
  • Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Adaptar a normativa APA para que figuren os nomes de autoras e autores, así como a procura de paridade na bibliografía, aplicando a citación xusta: https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?pagina=citar